Nunca consideres o estudo como unha obriga, senón como unha oportunidade para penetrar no belo e marabilloso mundo do saber (Albert Einstein)

jueves, 25 de febrero de 2010

Exercicios Factura

Elabora a factura que se correspondería co albará do exercicio anterior.

martes, 23 de febrero de 2010

A FACTURA


A factura é un documento que acredita legalmente a prestación de servizos ou a compravenda de mercadorías.


Calquera factura debe conter a seguinte información:



  • Identificación da empresa que efectúa a venda: nome, enderezo, CIF, datos rexistrais

  • Identificación do comprador: nome, enderezo, CIF

  • Número de factura e serie a que pertence, data e localidade na que foi expedida, referencia do albará co que se relaciona, número de cliente, segundo o rexistro que manteña a empresa.

  • Descrición á referencia dos artigos vendidos, ou dos servizos prestados se é o caso; indica a cantidade, o prezo unitario do importe.

  • Desconto aplicado, que debe indicar a porcentaxe aplicada e o importe; gastos ligados á operación (transportes, seguros,...)

  • A base impoñible: cantidade sobre a cal se calculará o importe do imposto correspondente (IVE)

  • Imposto aplicable e tipo impositivo, que será o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) ou Recargo de Equivalencia.

  • O total da factura: resultado de sumar a base impoñible e o IVE.