jueves, 11 de febrero de 2010
Exercicios Albará
Elabora o albará que se correspondería coa entrega das mercadorías do pedido anterior.
Albará
O albará é un documento mercantil que acredita a entrega dun pedido. O receptor da mercancía debe asinalo para dar constancia de que a recibiu correctamente.
Dentro da compravenda, o albará serve como proba documental da entrega dos bens.
Ten dous obxectivos diferentes:- Para o comprador: comparar co pedido, a efectos de controlar se é a mercadoría solicitada e, fundamentalmente, para controlar as mercadorías que recibe coa posterior facturación.
- Para o vendedor: ao recibir o duplicado do remito debidamente asinado polo comprador, ten unha constancia de ter entregado a mercadoría que o comprador recibiu conforme e, en base ao remito, confeccionar a factura.
Exténdese, como mínimo, por duplicado e contendo unha lista dos obxectos ou mercadorías subministrados; aínda que é práctica xeralizada facelo por triplicado para que ao transportista tamén lle quede unha constancia da operación realizada.
Non se rexistra nos libros de contabilidade, dado que xeralmente os remitos emítense sin valores.
A partir do detalle do albará pódense xerar outros documentos tales como facturas, partes de entrada (notas de ingreso) a almacén.
miércoles, 10 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

