Nunca consideres o estudo como unha obriga, senón como unha oportunidade para penetrar no belo e marabilloso mundo do saber (Albert Einstein)

jueves, 4 de febrero de 2010

Exercicio Pedido

O día 21/11 a empresa R2D2, SL leva a cabo un pedido de diversos materiais a Gargar, SL:
  • Tres caixas de porcas H7, a un prezo de 10 €/ud.; 5 eixos cilíndricos, a un prezo de 14 €/ud.; 36 placas metálicas modelo X3, a un prezo unitario de 9 € e 20 caixas de rodamentos Y4, a un prezo de 20 €/caixa.
  • O pagamento levarase a cabo mediante letra de cambio a 90 días vista, cun desconto do 5%. A entrega efectuarase o 10/12, no enderezo da empresa en Noia, r/ Cruceiro do Rego, 33, co transporte a cargo de R2D2, SL.

Confecciona o pedido correspondente segundo o modelo desta páxina. Ineventa os datos dos que non dispós.

martes, 2 de febrero de 2010

DOCUMENTOS DE COMPRAVENDA: O PEDIDO

O pedido é un documento no que se detallan os artigos que demanda o cliente e as condicións en que se efectuará a compra.

Partes do pedido:
  1. Identificación da empresa que efectúa o pedido
  2. Número de pedido, lugar e data en que se efectúa
  3. Condicións do pedido
  4. Identificación da empresa á que se formula o pedido
  5. Especificación das mercadorías
  6. Sinatura da persoa que formula o pedido
  7. Identificación rexistral da empresa que fai o pedido