lunes, 19 de abril de 2010
jueves, 25 de marzo de 2010
martes, 23 de marzo de 2010
Exercicio
1. Confeccionar a factura nº 3 que remitirá a empresa Centro SA con NIF 14258369 B, o día 4 de marzo do 2009 ao minorista Bernardo Seco Río con NIF 13444555 W que ten domicilio na rúa Castilla 60 de A Coruña CP 15.006, segundo o pedido nº 102. O transporte realizarase por SEUR e o pago será ao contado.
Os productos facturados son os seguintes:
100 unidades do producto C a 6 € a unidade
120 unidades do producto D a 9,30 € a unidade
200 unidades do producto E a 5,50 € a unidade
desconto do 15%
IVE tipo xeral (16%)
Gastos incluídos na factura:
Embalaxes 18 €
Transporte 54 €
Seguros: 27 €
jueves, 11 de marzo de 2010
miércoles, 10 de marzo de 2010
martes, 9 de marzo de 2010
jueves, 4 de marzo de 2010
martes, 2 de marzo de 2010
jueves, 25 de febrero de 2010
martes, 23 de febrero de 2010
A FACTURA
- Identificación da empresa que efectúa a venda: nome, enderezo, CIF, datos rexistrais
- Identificación do comprador: nome, enderezo, CIF
- Número de factura e serie a que pertence, data e localidade na que foi expedida, referencia do albará co que se relaciona, número de cliente, segundo o rexistro que manteña a empresa.
- Descrición á referencia dos artigos vendidos, ou dos servizos prestados se é o caso; indica a cantidade, o prezo unitario do importe.
- Desconto aplicado, que debe indicar a porcentaxe aplicada e o importe; gastos ligados á operación (transportes, seguros,...)
- A base impoñible: cantidade sobre a cal se calculará o importe do imposto correspondente (IVE)
- Imposto aplicable e tipo impositivo, que será o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) ou Recargo de Equivalencia.
- O total da factura: resultado de sumar a base impoñible e o IVE.
jueves, 18 de febrero de 2010
jueves, 11 de febrero de 2010
Exercicios Albará
Albará
O albará é un documento mercantil que acredita a entrega dun pedido. O receptor da mercancía debe asinalo para dar constancia de que a recibiu correctamente.
Dentro da compravenda, o albará serve como proba documental da entrega dos bens.
Ten dous obxectivos diferentes:- Para o comprador: comparar co pedido, a efectos de controlar se é a mercadoría solicitada e, fundamentalmente, para controlar as mercadorías que recibe coa posterior facturación.
- Para o vendedor: ao recibir o duplicado do remito debidamente asinado polo comprador, ten unha constancia de ter entregado a mercadoría que o comprador recibiu conforme e, en base ao remito, confeccionar a factura.
Exténdese, como mínimo, por duplicado e contendo unha lista dos obxectos ou mercadorías subministrados; aínda que é práctica xeralizada facelo por triplicado para que ao transportista tamén lle quede unha constancia da operación realizada.
Non se rexistra nos libros de contabilidade, dado que xeralmente os remitos emítense sin valores.
A partir do detalle do albará pódense xerar outros documentos tales como facturas, partes de entrada (notas de ingreso) a almacén.
miércoles, 10 de febrero de 2010
viernes, 5 de febrero de 2010
jueves, 4 de febrero de 2010
Exercicio Pedido
- Tres caixas de porcas H7, a un prezo de 10 €/ud.; 5 eixos cilíndricos, a un prezo de 14 €/ud.; 36 placas metálicas modelo X3, a un prezo unitario de 9 € e 20 caixas de rodamentos Y4, a un prezo de 20 €/caixa.
- O pagamento levarase a cabo mediante letra de cambio a 90 días vista, cun desconto do 5%. A entrega efectuarase o 10/12, no enderezo da empresa en Noia, r/ Cruceiro do Rego, 33, co transporte a cargo de R2D2, SL.
Confecciona o pedido correspondente segundo o modelo desta páxina. Ineventa os datos dos que non dispós.
martes, 2 de febrero de 2010
DOCUMENTOS DE COMPRAVENDA: O PEDIDO
Partes do pedido:
martes, 26 de enero de 2010
Exercicios
- Esta empresa ten un capital de 300.000 €
- As accións desta sociedade, cun nominal de 25 €, cotizan na Bolsa. O sr. Pontedeume le nun xornal que estes valores cotizan a un 240%
- Calcula o nº de accións desta sociedade
- Calcula o prezo de mercado de 300 accións da empresa
- Se a empresa decide repartir 150.000 € en forma de dividendos, canto percibirá o señor Pontedeume se no seu día mercou 150 accións
B) O capital social dunha sociedade anónima está distribuído en 60.000 accións cun valor nominal de 40 €. Se esta empresa cotiza na Bolsa ao 85%, determina:
- O capital social
- O valor de mercado de 500 accións da empresa
martes, 19 de enero de 2010
Sociedades Anónimas. Exercicio

A sociedade anónima Killcat, SA produce e comercializa pensos para animais domésticos. O seu capital está distribuído en 50.000 accións cun valor nominal de 10 € por acción.
Durante o exercicio 2009 obtivo uns beneficios de 200.000 €, dos cales se acordou, na Xunta Xeral, a repartición de 150.000 € en forma de dividendos.
Miguel Manteiga é un dos seus socios e posúe 2.000 accións.
Queremos coñecer:
- Cal é o capital de Killcat, SA
- O importe dos dividendos que percibirá o Sr. Manteiga
viernes, 15 de enero de 2010
Sociedade Anónima - S.A.
jueves, 14 de enero de 2010
Sociedade de Responsabilidade Limitada

SRL:
- Definición
- Número mínimo de socios ou partícipes
- Capital mínimo para a súa constitución
- Responsabilidade dos socios ou partícipes
- Denominación social
- Órganos de goberno: Xunta Xeral de socios e Administradores
Consultade o seguinte enlace, ademáis do libro de texto e os enlaces que figuran na dereita da páxina.






