Nunca consideres o estudo como unha obriga, senón como unha oportunidade para penetrar no belo e marabilloso mundo do saber (Albert Einstein)

martes, 27 de octubre de 2009

A empresa Alfa está considerando a posibilidade de investir 5.000 € na apertura dun concesionario de venda de automóbiles da marca Omega.
Nunha revista especializada le as cifras de venads de coches na súa provincia durante o ano anterior:

Empresa/ Nº de automóbiles vendidos

A /54.000
B /44.000
C /32.000
D /29.000

A partir destas cifras desexa coñecer:

a) o tamaño de mercado na súa provincia
b) a cota de mercado de cada empresa

Formas de mercado


Cando falamos do mercado no que vai operar unha empresa, é importante considerar a competencia existente. Algunhas desenvolven a súa actividade nun contorno no que existen moitas outras que levan a cabo a mesma actividade ou unha parecida, Outras, pola contra, son as únicas en deselvolver dita actividade. Isto implica consecuencias importantes para as empresas.
Dende o punto de vista da competencia existente, distinguimos entre:
  • competencia perfecta
  • monopolio
  • oligopolio
  • competencia monopolística
Define estes termos e intenta caracterizar cada unha destas situacións de competencia.